Un aniversario diferente (galego)

Como cada mañá, o avó Teixugo ergueuse da cama cedo. Mentres tomaba os primeiros grolos de café, intentaba lembrar algo. Intuía que aquel día non era como os demais, pero non sabía ben por que.

Claro que non era un día como os demais, era o aniversario da súa neta! Como puido esquecelo? Así que saíu disparado para conseguir un bonito agasallo. A tarefa resultou ser máis difícil do que pensaba… pero coa axuda dos seus grandes amigos, a avoa Osa, o avó Mapache, o avó Castor e a avoa Marmota, a busca converteuse nunha aventura cun final dos máis sorprendente.

Conseguirá o avó Teixugo un agasallo cheo de cariño para a súa neta? Unha aventura da cuadrilla de avós máis divertida do bosque, en busca do agasallo perfecto para unha neta moi especial, escrita por José Carlos Román e ilustrada por Susana Rosique.

Traducido e adaptado por Rita Doallo.

Este conto está dispoñible en castelán Un cumpleaños diferente.

Se es profe, interesarache saber:

Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela xa será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:

Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, temas que viven os cativos e que forman parte do seu día a día na escola e na casa: celebrar o aniversario, os agasallos, os amigos, axudarse uns aos outros e a relación entre avós e netos. Tamén trata o consumo responsable.

Porque pon en valor o amor, a colaboración, a axuda, o traballo en equipo e a creatividade para resolver problemas, e a celebración.

Porque a rima e o retrouso fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.

Porque se traballas en clase por proxectos ou coas ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Comunidades sostibles (ODS 11), Consumo responsable (ODS 12) e Alianzas para o logro de obxectivos (ODS 17).

ISBN: 978-84-129895-2-6
Medidas: 23 X 20 cm
N° de Páginas: 40
Precio: 16,90 
Edad Recomendada: a partir de 4 anos
Temas:
#CONTOSDIVERTIDOS #RETROUSO #AVÓSENETA #COOPERACIÓN #AMIZADE #AVENTURAS

libros relacionados