Por unha mosca de nada (galego)
Qué harías si te tragases una mosca por accidente? Descubre as solucións mas creativas e rocambolescas a problemas diminutos neste divertidísimo conto de Gracia Iglesias e Gómez. Un clásico rimado de Canica Books, que sempre fai partirse de risa aos pequenos e que xa está na súa quinta edición en castelán Por una mosca de nada.
Traducido e adaptado por Rita Doallo.
Gracia Iglesias nos conta o que lle ocorreu ao seu veciño, que se tratou por accidente unha mosca. Como a mosca zumbaba no seu estómago, decidiu seguir o consello do doutor e engullir unha araña para atrapala. A araña non só atrapou á mosca senón que ademais teciu unha telaraña que lle facía unhas cosquillas insoportables. O remedio do doutor foi que tragase un páxaro, ¡seguro que podería resolver o problema!, e o fixo, pero tamén construíu un nido dentro del. Para acabar cos trinos, tragarse un gato foi a nova recomendación. E así, as solucións vanse encadeando de forma disparatada. Conseguirá o veciño de Gracia resolver o seu problema?
Se es profe, interesarache saber:
Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, un tema que viven os nenos: como poñer solucións creativas a problemas e retos cotiás.
Porque pon en valor a creatividade, a resolución de problemas, escoitar as opinións dos demais, ter criterio propio, reflexionar antes de actuar e a perseveranza.
Porque a retahíla fai máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a lingua.
Porque o libro inclúe un código QR coa canción do conto cantada pola súa autora, Gracia Iglesias, que podedes cantar todos xuntos.
Porque tratamos de facilitar a lectura: con letra escolar e redonda.
Porque se traballas na clase por proxectos ou coa ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática de Consumo responsable (ODS 12).
Porque podes descargar gratis actividades para xogar e aprender co conto facendo clic máis abaixo, en #juegaconcanicabooks
#contosdivertidos #rima #retaíla #animais #resolucióndeproblemas #canción


