Un aniversario diferente (galego)
Como cada mañá, o avó Tejón se levantou cedo. Mentres tomaba os primeiros sorbos de café, intentaba lembrar algo. Intuía que aquel día non era como os demais, pero non sabía ben por que.
Claro que non era un día como os demais, era o aniversario da súa neta! Como puido esquecelo? Así que saíu disparado para conseguir un bonito regalo. A tarefa resultou ser máis difícil do que pensaba… pero coa axuda dos seus grandes amigos, a avoa Osa, o avó Mapache, o avó Castor e a avoa Marmota, a busca converteuse nunha aventura cun final dos máis sorprendente.
Conseguirá o avó Tejón un regalo cheo de cariño para a súa neta? Unha aventura da pandilla de avós máis divertida do bosque, en busca do regalo perfecto para unha neta moi especial, escrita por José Carlos Román e ilustrada por Susana Rosique.
Este conto está dispoñible en castellano Un cumpleaños diferente.
#CONTOSDIVERTIDOS #RETAHÍLA #AVÓSENETA #COOPERACIÓN #AMIZADE #AVENTURAS