Unha rosquilla no parque (galego)
A aparición dunha rosquilla que alguén deixou tirada no parque é o comezo das aventuras e desventuras por apropriarse do botín dos tres protagonistas desta historia: un saltón, unha formiga e un pardal. Unha historia divertidísima de como apropiarse de algo e como chegar a unha solución colaborativa. Escrita en rima por Pablo Rumoroso e ilustrada por Sara Mateos.
Un saltón e unha formiga atópanse cunha rosca perdida no parque. Cada un pon en marcha as súas estratexias para apropiarse dela, ata que aparece na escena un pardal que o cambiará todo… ou non. Quen se fará co suculento botín? Ou quizais cheguen a unha solución xusta e repártanlo?
Traducido e adaptado por Rita Doallo.
Se es profe, interesarache saber:
Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, un tema que viven os nenos e que forman parte da crianza, como compartir cos compañeiros ou querer apropiarse de algo. Tamén trata o tema da fame e da repartición xusta de alimentos.
Porque pon en valor a colaboración, a reflexión antes de actuar, a empatía, a xustiza e a creatividade á hora de solucionar conflitos e problemas.
Porque a rima e a retahíla fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.
Porque se traballas en clase por proxectos ou con ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Erradicación da pobreza (ODS 1), Loita contra a fame (ODS 2) e Paz e Xustiza (ODS 16).
#contosdivertidos #rima #animais #resolucióndeproblemas #colaboración


