Que enleada coa piada (galego)

Menuda lea se armou na selva con tanto pío pío! E todo porque dous monos pequechos espertaron esta mañá con moita fame e acordaron cambiar o seu almorzo habitual de piña, aguacate e banana por uns cocos.

Ao papagaio, que casualmente, estaba a oír a súa conversa, sorprendeulle tanto ao enterarse de que os monos tolearan e decidiran comer os mocos, que correu contarlle a nova ao guacamaio. O guacamaio contoulla ao tucano. O tucano á cotorra. A cotorra ao colibrí… Por suposto, cada un transmitiu a mensaxe ao seu xeito. E para cando o rumor chegou ao periquito, os moniños xa non eran cocos os que ían comer, se non… seguro que o queres saber?

Esta divertidísima historia dunha enleada épica na selva escribiuna Rita Doallo e ilustrouna Blanca Millán.

Tamén temos este conto dispoñible en castelán: ¡Vaya lío! Pío Pío.

ISBN: 978-84-129895-0-2
Medidas: 23 X 20 cm
N° de Páginas: 44
Precio: 16,90 
Edad Recomendada: a partir de 4 años
Temas:
#librosdivertidos #comunicación #empatía #resolucióndeproblemas

libros relacionados