Que enleada coa piada (galego) – 2ª edición

Segunda edición.

Vaia lea se armou na selva con tanto pío pío! E todo porque dous monos pequechos espertaron esta mañá con moita fame e acordaron cambiar o seu almorzo habitual de piña, aguacate e banana por uns cocos.

O papagaio, que casualmente estaba a oír a súa conversa, sorprendeuse tanto ao enterarse de que os monos tolearan e decidiran comer os mocos, que correu contarlle a nova ao guacamaio. O guacamaio contoulla ao tucano. O tucano á cotorra. A cotorra ao colibrí… Por suposto, cada un transmitiu a mensaxe ao seu xeito. E para cando o rumor chegou ao periquito, os moniños xa non eran cocos o que ían comer, se non… seguro que o queres saber?

Esta divertidísima historia dunha enleada épica na selva escribiuna Rita Doallo e ilustrouna Blanca Millán  

Tamén temos este conto dispoñible en castelán: ¡Vaya lío! Pío Pío.

Se es profesor, interesarache saber:

Que ademais de que imos a gozar moito en clase con esta historia tan divertida e que só lela xa será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:

Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, temas que viven os cativos e que forman parte do seu día a día na escola e na casa: a comunicación, verdades e mentiras, os rumores, o medo infundado, ou resolver conflitos de forma pacífica. Tamén trata o tema da fame e da alimentación saudable.

Porque pon en valor a reflexión antes de actuar, a verdade e a comunicación á hora de solucionar conflitos e problemas.

Porque poderedes sumerxirvos no mundo selvático, as súas cores, a súa vexetación e coñecer máis as aves que alí habitan.

Porque a rima e o retrouso fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.

Porque se traballas na aula por proxectos ou co ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Boa saúde (ODS 3), Comunidades sostibles (ODS 17), Ecosistemas terrestres (ODS 15) e Paz e Xustiza (ODS 16).

ISBN: 978-84-129895-0-2
Medidas: 23 X 20 cm
N° de Páginas: 44
Precio: 16,90 
Edad Recomendada: a partir de 4 anos
Temas:
#contosdivertidos #comunicación #resolucióndeproblemas #selva #retrouso

libros relacionados