Ya disponibles en tu tienda habitual.

Vaia lea se armou na selva con tanto pío pío! E todo porque dous monos pequechos espertaron esta mañá con moita fame e acordaron cambiar o seu almorzo habitual de piña, aguacate e banana por uns cocos.
O papagaio, que casualmente estaba a oír a súa conversa, sorprendeuse tanto ao enterarse de que os monos tolearan e decidiran comer os mocos, que correu contarlle a nova ao guacamaio. O guacamaio contoulla ao tucano. O tucano á cotorra. A cotorra ao colibrí… Por suposto, cada un transmitiu a mensaxe ao seu xeito. E para cando o rumor chegou ao periquito, os moniños xa non eran cocos o que ían comer, se non… seguro que o queres saber?
Esta divertidísima historia dunha enleada épica na selva escribiuna Rita Doallo e ilustrouna Blanca Millán
Tamén temos este conto dispoñible en castelán: ¡Vaya lío! Pío Pío.
Se es profesor, interesarache saber:
Que ademais de que imos a gozar moito en clase con esta historia tan divertida e que só lela xa será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, temas que viven os cativos e que forman parte do seu día a día na escola e na casa: a comunicación, verdades e mentiras, os rumores, o medo infundado, ou resolver conflitos de forma pacífica. Tamén trata o tema da fame e da alimentación saudable.
Porque pon en valor a reflexión antes de actuar, a verdade e a comunicación á hora de solucionar conflitos e problemas.
Porque poderedes sumerxirvos no mundo selvático, as súas cores, a súa vexetación e coñecer máis as aves que alí habitan.
Porque a rima e o retrouso fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.
Porque se traballas na aula por proxectos ou co ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Boa saúde (ODS 3), Comunidades sostibles (ODS 17), Ecosistemas terrestres (ODS 15) e Paz e Xustiza (ODS 16).

Un saltón e unha formiga atópanse cunha rosca perdida no parque. Cada un pon en marcha as súas estratexias para apropiarse dela, ata que aparece na escena un pardal que o vai cambiar todo… ou non. Quen se fará co saboroso botín? Ou quizais cheguen a unha solución xusta e repártano?
Traducido e adaptado por Rita Doallo.
Se es profe, interesarache saber:
Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, un tema que viven os nenos e que forman parte da crianza, como compartir cos compañeiros ou querer apropiarse de algo. Tamén trata o tema da fame e da repartición xusta de alimentos.
Porque pon en valor a colaboración, a reflexión antes de actuar, a empatía, a xustiza e a creatividade á hora de solucionar conflitos e problemas.
Porque a rima e o retrouso fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.
Porque se traballas en clase por proxectos ou con ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Erradicación da pobreza (ODS 1), Loita contra a fame (ODS 2) e Paz e Xustiza (ODS 16).

Traducido e adaptado por Rita Doallo.
Gracia Iglesias contanoso que lle ocorreu ao seu veciño, quen tragou por accidente unha mosca. Como a mosca zoaba no seu estómago, decidiu seguir o consello do doutor e enguliuunha araña para atrapala. A araña non só atrapou á mosca senón que ademais teceu unha telaraña que lle facía unhas cóxegas insoportables. O remedio do doutor foi que tragase un páxaro, seguro que podería resolver o problema!, e fixoo, pero tamén construíu un niño dentro del. Para acabar cos chíos, tragar un gato foi a nova recomendación. E así, as solucións vanse encadeando de forma disparatada. Conseguirá o veciño de Gracia resolver o seu problema?
Se es profe, interesarache saber:
Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, un tema que viven os nenos: como poñer solucións creativas a problemas e retos cotiás.
Porque pon en valor a creatividade, a resolución de problemas, escoitar as opinións dos demais, ter criterio propio, reflexionar antes de actuar e a perseveranza.
Porque o retrouso fai máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a lingua.
Porque o libro inclúe un código QR coa canción do conto cantada pola súa autora, Gracia Iglesias, que podedes cantar todos xuntos.
Porque tratamos de facilitar a lectura: con letra escolar e redonda.
Porque se traballas na clase por proxectos ou coa ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática de Consumo responsable (ODS 12).

Claro que non era un día como os demais, era o aniversario da súa neta! Como puido esquecelo? Así que saíu disparado para conseguir un bonito agasallo. A tarefa resultou ser máis difícil do que pensaba… pero coa axuda dos seus grandes amigos, a avoa Osa, o avó Mapache, o avó Castor e a avoa Marmota, a busca converteuse nunha aventura cun final dos máis sorprendente.
Conseguirá o avó Teixugo un agasallo cheo de cariño para a súa neta? Unha aventura da cuadrilla de avós máis divertida do bosque, en busca do agasallo perfecto para unha neta moi especial, escrita por
José Carlos Román e ilustrada por Susana Rosique.
Traducido e adaptado por Rita Doallo.
Este conto está dispoñible en castelán Un cumpleaños diferente.
Se es profe, interesarache saber:
Que ademais de que imos gozar moito na clase con esta historia tan divertida e só con lela xa será unha experiencia lectora inesquecible, tamén poderás usala con fins educativos:
Polos seus valores, xa que trata, en clave de humor, temas que viven os cativos e que forman parte do seu día a día na escola e na casa: celebrar o aniversario, os agasallos, os amigos, axudarse uns aos outros e a relación entre avós e netos. Tamén trata o consumo responsable.
Porque pon en valor o amor, a colaboración, a axuda, o traballo en equipo e a creatividade para resolver problemas, e a celebración.
Porque a rima e o retrouso fan máis atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe.
Porque se traballas en clase por proxectos ou coas ODS Axenda 2030, con este conto podes facelo para a temática Comunidades sostibles (ODS 11), Consumo responsable (ODS 12) e Alianzas para o logro de obxectivos (ODS 17).












